11 – Antigo colexio Leus
Lugares Antigo colexio Leus (rúa Álvarez de Sotomayor), antiga Casa de Chinto (rúa Desiderio Varela), xardín municipal, antigo quiosco Copacabana (xardín municipal), Instituto Alfredo Brañas (rúa Vila de Corcubión) Un pouco antes de subir á clase de Literatura, en compaña de Xurxo, Miguel de Sísamo e outros rapaces de sexto de Letras, agardabamos na Alameda, […]
10 – Antigo Café Cervantes
Lugares Antigo Café Cervantes (rúas Gran Vía e Gravador Manuel Facal) A porta negra estaba pechada. Pensaba que era elegante. Calquera pensamento era benvido nese intre mentres me ía recompoñendo. Cara a arriba, podía intuír que o edificio que se sostiña nos ombreiros do local debía ter moita historia. Encantaríame datalo, pero os meus coñecementos […]
9 – Mercado municipal
Lugares Mercado municipal (rúa Gran Vía) De volta, en Carballo, o padriño anunciou: «Agora imos mercar un souvenir!» Que cousa sería o souvenir? E engadiu con alegre determinación: «Para que llo leves a túa nai.» Cando se dicía «para a nai» significaba, case sempre, un agasallo para a casa, para todos. Iso aprendémolo axiña. E […]
8 – Chocolates Mariño
Lugares Ceraría e obradoiro de chocolates Mariño (rúa Cervantes), casa do concello (praza do Concello), edificio da antiga Caixa de Aforros de Galicia (rúa Vázquez de Parga) —Ao fondo da rúa —continuou Rosa— estaba a casa do concello, un edificio de cubos asimétricos dos anos setenta, de seis alturas e cun aire piramidal. Agora confundíase […]
7 – Antigos Baños Vellos
Lugares Antiga casa do concello (praza do Concello), antiga igrexa (rúa Martín Herrera), Baños Vellos (rúas Baños Vellos, Estrela e Ourense) Obra: Plus Ultra. Transición ao futuro. Xerais, 2022. Localización do panel: rúa Baños Vellos. Antiga praza do Generalísmo (actual praza de Galicia) Obra: Wolfram. Espías, nazis e maquis. Xerais, 2020. Praza do Concello, rúa […]
6 – Antiga estación e cocheira de trolebuses
Lugares Antiga estación e cocheira de trolebuses (rúa Vázquez de Parga), antigo Campo da Condesa (rúas Perú, Ourense, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos), río da Balsa (parque Rego da Balsa) Antes de inaugurarse os trolebuses existían algunhas empresas que operaban na zona e incluso viñan dende Cee como era o caso do “Guillén”, que será […]
5 – Mesón A Cabaña
Lugares Mesón A Cabaña (rúa Valle-Inclán) —Dan boas tapas aquí —peta el, con cada verba, no prato que acabamos de baleirar. —Dan —percuto, para pechar o ritmo da contundente sentenza. —Sempre que pase por Carballo vou parar aquí. Entrei ao ler o nome do cartel… —“A Cabaña”. “CA-BA-ÑA” —queda no aire pendurado. Cos fonemas ben […]
4 – Café Valle-Inclán
Lugares Antigo restaurante O Xabarín (rúa Vázquez de Parga) E para a miña sorpresa, Afonso lembrou con todo luxo de detalles unha noite que eu tiña completamente esquencida. Iso foi hai seis, se cadra xa sete anos. Fixerámoslle a despedida de solteiro a Bidueiros en Carballo, no Xabarín. É incríbel a memoria de Afonso. Cearamos […]
3 – Casa natal de González Tiradas
Lugares Razo, Rebordelos, Vilela, Lema e Noicela Na costa de Bergantiños, do galego mar á beira, preto de Razo e Malpica, Rebordelos e Vilela, do Lema, Noicela i outras nobres i antiguas aldeas, cóntase que xermolaban aló, nas edades vellas, sementes de maleficios por meio dunha doncela, a quen as bruxas donaban extrana lus de […]
2 – Escultura Peixe
Lugares Escultura Peixe Localización: avenida Ponte da Pedra Data de construción: 2004 Artista: Manuel Facal Ponte Enxeñeira do proxecto de urbanización da rotonda: Cristina López Amil A figura mide sete metros e medio e ten un peso aproximado de 500 quilos. Composta por 12 grandes tubos verticais e 144 escamas de aceiro inoxidable, foi inaugurada […]