Liña 1

9

Mercado Municipal

Manuel Rivas

A Coruña, 1957
Xornalista e escritor

De volta, en Carballo, o padriño anunciou: «Agora imos mercar un souvenir!» Que cousa sería o souvenir? E engadiu con alegre determinación: «Para que llo leves a túa nai.» Cando se dicía «para a nai» significaba, case sempre, un agasallo para a casa, para todos. Iso aprendémolo axiña. E o que mercou foi un gran bolo de pan que o neno non era quen de abranguer cos brazos. Unha roda mol, hemisférica, que todo o camiño de retorno parecía levedar no colo do corpo adormecido. —Que pan! É como un mundo. Era pan, si. Pero tamén era algo máis que pan. Que mágoa! Esqueceráseme a palabra. O souvenir. O primeiro souvenir.

As voces baixas

2012

Lugares

De volta, en Carballo, o padriño anunciou: «Agora imos mercar un souvenir!» Que cousa sería o souvenir? E engadiu con alegre determinación: «Para que llo leves a túa nai.» Cando se dicía «para a nai» significaba, case sempre, un agasallo para a casa, para todos. Iso aprendémolo axiña. E o que mercou foi un gran bolo de pan que o neno non era quen de abranguer cos brazos. Unha roda mol, hemisférica, que todo o camiño de retorno parecía levedar no colo do corpo adormecido.

—Que pan! É como un mundo.

Era pan, si. Pero tamén era algo máis que pan. Que mágoa! Esqueceráseme a palabra. O souvenir. O primeiro souvenir.

Obra: As voces baixas. Xerais, 2012.

Localización do panel: Mercado municipal (rúa Gran Vía).

Pasou a comitiva pola Pedra da Arca, co corredor ao xeito da Bretaña, e xa dende alí, a contra nordés, botouse aos areais de Bergantiños. ¡Razo, Barrañán, Baldaio, meu señor!

Obra: En salvaxe compaña. Xerais, 2014.

Otro de los fenómenos sociológicos y culturales más importantes de este fin de siglo en Galicia, también ausente en las investigaciones sociales, es el de las macrodiscotecas. Con una estética arquitectónica genuina, que mezcla elementos del Cotton club, Manhattan, nave industrial y granja, con grandes explanadas para aparcamiento, estos centros de diversión y ligue, situados estratégicamente en alguna encrucijada, reúnen a miles de jóvenes del medio rural que bailan al ritmo de la música disco que triunfa en toda Europa y hecha por emigrantes senegaleses en algún gran estudio de grabación en Londres o París. Las noches de los fines de semana, algunas de esas macrosalas presentan un aspecto fascinante. Como reclamo añadido se sortean coches del último modelo, viajes a las Bahamas y hasta lingotes de oro. Donadana, en Touro; Atlantic, en Monte Salgueiro; A Vieira, en Ponteceso; Saturday, en Arcade; Lennon, en A Estrada; Skala, en Lalín; Alegría, en Bembribe; Paulino, en Carballiño; Campos, en Lalín; A Revolta, en Carballo; El Vergel, en Pontecarreira… Es un tupido mapa, con música rock y atmósfera country, especialmente recomendable para entender, sin prejuicios, qué está pasando sociológica y culturalmente en Galicia. Ya todo es igual en todas partes pero distinto al resto. Después de danzar, tomar un cubata y fumar un porro, sales fuera de estas naves, dando bandazos como E.T., y no ceja el eco del bosque y del mar, vuela la lechuza y un raposo de ojos brillantes se cruza en la carretera.

Obra: Galicia, el bonsái atlántico. Capítulo Gaitas y meigas en la hiperferia. Editorial Aguilar, 1989.
Biografía

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista, membro de número da Real Academia Galega desde 2009 e, desde 2011, doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra, premiada en moi numerosas ocasións, está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e subdirector do desaparecido Diario de Galicia, colabora adoito en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia, entre outros moitos. En 2013 puxo en marcha a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro. Membro fundador de Greenpeace, foi tamén un dos máis destacados activistas contra a xestión da catástrofe do Prestige, mesmo como participante na creación da plataforma cidadá Nunca Máis. 

Premios

Premios xornalísticos

Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego 2009.

Premio Agustín Merello da Comunicación 2003.

Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002.

Premio de Xornalismo Fernández Latorre, do xornal La Voz de Galicia, 1991.

Premio de Xornalismo Puro Cora, do xornal El Progreso de Lugo, 1989.

Premios literarios

Premio da Crítica de Galicia 2022.

Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Editado do ano 2021.

Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro de Poesía do ano 2021.

Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019.

Premio de narrativa na I Gala do Libro Galego en 2016.

Premio da Crítica de narrativa galega ao mellor libro de narrativa de 2015.

Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía no 2015.

Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos no 2012.

Premio da AELG 2011 (narrativa).

Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010.

Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa e á mellor portada para adultos no 2010.

III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.

Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007.

XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (ao libro do ano) 2006.

Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006: Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez, respectivamente.

VII Premio Libro do Ano 2006.

Premio Cálamo Extraordinario 2006.

Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001.

Premio ONCE – Galicia á Solidariedade.

Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998.

Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998.

Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007.

Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006.

Premio Nacional de Narrativa 1996.

Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995.

Premio Leliadoura 1989.

Premio de Poesía Nova de O Facho 1978.

Obra

Poesía

O que fica fóra. Apiario, 2021.

A boca da terra. Xerais, 2015. Traducida ao inglés, ten tamén unha edición bilingüe galego-castelá.

A desaparición da neve. Alfaguara, 2009. Editado simultaneamente en galego, castelán, éuscaro e catalán. Tamén ten unha edición bilingüe galego-inglesa e está traducida ao búlgaro.

El pueblo de la noche y mohicania revisitada. Editorial Suma de Letras, 2004.

Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003). Edicións Espiral Maior, 2003. Traducido ao inglés.

O pobo da noite. Edicións Xerais, 1996. Traducido ao castelán.

Costa da morte blues. Edicións Xerais, 1995.

Ningún cisne. Sotelo Blanco Edicións, 1989.

Mohicania. Edicións do Rueiro, 1986.

Balada nas praias do Oeste. Sotelo Blanco Edicións, 1985.

Anisia e outras sombras. En colaboración con Xavier Seoane. Autoeditado, 1981.

Libro de Entroido. Edicións do Rueiro, 1980.

Narrativa

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. Xerais, 2018.

O último día de Terranova, Xerais, 2015.

As voces baixas, Xerais, 2012. Traducida ao castelán e ao inglés.

O máis estraño. Contos reunidos. Xerais, 2011. Traducida ao castelán.

Todo é silencio, Xerais, 2010. Traducida ao castelán, ao inglés e ao francés.

Os libros arden mal, Xerais, 2006. Traducido ao castelán, ao catalán, ao francés, ao italiano e ao inglés.

Nosotros dos. Centro de Profesores y Recursos de Cuenca, 2003. 

Contos de Nadal, Xerais, 2003. Traducida ao castelán.

As chamadas perdidas, Xerais, 2002. Traducida ao castelán e ao portugués.

A man dos paíños, Xerais, 2000.

El secreto de la tierra. Recompilación en castelán dos relatos incluídos nas obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. Alfaguara, 1999.

Ela, maldita alma. Galaxia, 1999. Traducida ao castelán, ao catalán, ao portugués e ao italiano.

A Deusa Atlántica. Editada polo Concello da Coruña, 1999.

O lapis do carpinteiro. Xerais, 1998. Foi traducida a máis de 20 idiomas.

Que me queres, amor? Galaxia, 1995. Ten nunha edición bilingüe portuguesa-tétum e foi traducida ao bretón.

En salvaxe compaña, Xerais, 1994. Traducida ao castelán, ao alemán, ao francés, ao neerlandés, ao inglés e ao búlgaro.

Os comedores de patacas, Xerais, 1991. Traducida ao castelán, ao portugués e ao inglés.

Un millón de vacas, Xerais, 1989. Traducida ao asturiano, ao castelán, ao portugués, ao húngaro, ao serbio e ao italiano.

Todo ben. Xerais,  1985.

Teatro

O heroe. Xerais, 2005. Traducida ao castelán.

Literatura infantil-xuvenil

A nena lectora. Xerais, 2021.

O Chispas. Xerais, 2020.

Madonna e outros contos de inverno. Xerais, 2015.

O raposo e a mestra. Xerais, 2013.

Milu. Kalandraka, 2010.

O sombreiro Chichiriteiro. Xerais, 2009.

Bala perdida. Obradoiro Santillana, 2006. Traducida ao castelán, ao italiano e ao catalán.

Ensaio

Zona a defender. A esperanza indócil. Xerais, 2020.

Contra todo isto. Xerais, 2018.

Os Grouchos. Xerais, 2008.

A corpo aberto. Unha ollada “indie” do local universal. Xerais, 2008.

Unha espía no reino de Galicia. Xerais, 2004. Traducida ao castelán.

Muller no baño. Xerais, 2002. Traducida ao castelán.

Galicia, Galicia. Xerais,  1999. Traducida ao castelán.

A comunicación en Galicia, 1998: sobre o hipersector da comunicación. Editado polo Consello da Cultura Galega. Con Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez.

El periodismo es un cuento. Alfaguara, 1997).

Informe da comunicación en Galicia. Editado polo Consello da Cultura Galega, 1993. Con Xosé López García.

Toxos e flores. Xerais, 1992.

No mellor país do mundo. Editorial Biblioteca Gallega, 1991.

Galicia, el bonsái atlántico. Aguilar, 1989.

Informe dunha frustración: as claves do proceso estatutario galego. Edicións do Rueiro, 1980. Con Xosé Antón Gaciño.

Os partidos políticos na Galiza. Edicións do Rueiro, 1977. Con Xoán Ignacio Taibo Arias.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal