Mapa literario
Concello de Carballo

Un paseo polas letras e as rúas da vila

Este mapa literario recolle un patrimonio que é espazo e é memoria. Quixemos retratar a vila con citas, viñetas e mesmo audios para propoñervos unha andada polas nosas rúas cartografadas nas letras, ou a bordo dun trole imaxinario que fai 24 paradas, repartidas en 2 liñas urbanas, que levan os nomes dos escritores e escritoras, xornalistas, debuxantes, urbanistas, historiadores, mestres e contadores para os que Carballo foi escenario, cando non verdadeiro protagonista, das súas historias.

Neste paseo podemos acompañar o Xestal a mercar unha rateira á de Pedrouzo; levar, coma o padriño de Manuel Rivas, o souvenir dun pan que un neno non é quen de abranguer cos brazos; lembrar como derrubaron a igrexa onde fixo a primeira comuñón o Pardiñas de Plus Ultra. Transición ao futuro, o cómic de Alberto Varela Ferreiro; sentir, como sentiu Xurxo Borrazás, o recendo do obradoiro de Chocolates Mariño; sentarnos a carón de Alfredo Brañas; ir con Xan Fraga á Coruña no segundo piso dun BUT londiniense e axexar as fregas amorosas dunha parella.

Paradas

Historias de Carballo
para ler entre rúas

Nas paradas desta liña de troles hai un panel coa información de cada autor ou autora e da relación da súa obra con Carballo. Nesta web poderás ver a a reprodución do panel físico instalado na rúa correspondente e, a maiores, coñecer outros datos (biografía, obra ou premios) desas e deses escritores.

Preme en cada parada (no mapa contiguo ou na listaxe) para coñecer a localización e info de cada panel.

LIÑA 1
LIÑA 2