24 – Parque do San Martiño
Lugares Parque do San Martiño I O ritual cumpríase puntualmente como unha trabada na secuencia imparábel do movemento do eixo temporal de rotación e translación. Saudando felizmente o sempre tímido verán, aberta a porta de dobre folla ao relato vacacional, o san Xoán sacudía o ocaso preguiceiro da monotonía inverniza para proclamar a efémera hipnótica […]
23 – Fórum Carballo
Lugares Antigo Café Cervantes (rúas Gran Vía e Gravador Manuel Facal) A porta negra estaba pechada. Pensaba que era elegante. Calquera pensamento era benvido nese intre mentres me ía recompoñendo. Cara a arriba, podía intuír que o edificio que se sostiña nos ombreiros do local debía ter moita historia. Encantaríame datalo, pero os meus coñecementos […]
22 – Mesón do Pulpo
Lugares Mesón do Pulpo (avenida Fisterra), praza do Concello. Cando Carlos, magoado en corpo e alma, chegou a Carballo facía frío, caían unhas pingueiras e era noite pecha. Sorprendido e balbucinte preguntou a un viandante na Praza do Concello pola Avenida de Fisterra co fin de achegarse a un negocio de hostalería do que levaba […]
21 – Casa natal de Xesús San Luís Romero
Lugares Parroquia de Bértoa Unha casa prove n’aldea de Bértoa. Porta ô foro direita; fenestra a esquerda; porta lateral a esquerda, que a da a cuciña e ô curral. Debaixo d’a fenestra, un sarillo. Primeiro térmo, a direita, unha hucha grande e vella; a esquerda, unha artesa. Segundo térmo, a esquerda, antr’a porta d’a cuciña […]
20 – Casino
Lugares Horta da antiga Casa da Condesa (rúas Perú, Ourense, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos), Casino (rúas Lugo e Vázquez de Parga), antiga casa do concello (praza do Concello), xardín municipal, antiga igrexa (rúa Martín Herrera). Medio agochado, un tanto escurecido xa, mandaba o soán os seus postremos raios á casa daquel cativo situada fronte […]
19 – Antiga Casa San Ramón
Lugares Antiga Casa de Chinto e antiga libraría, quiosco e papelaría Casa San Ramón (rúa Desiderio Varela), Monte Neme Na rúa de Desiderio Varela, na parte de arriba das escolas, foi onde Jacinto Amigo Lera, “Chinto”, construíu o seu chalet, todo un símbolo da época dourada do volframio. Este carballés, procedente do Val do Dubra, […]
18 – Antiga escola pública do Xardín
Lugares Antiga estación e cocheira de trolebuses (rúa Vázquez de Parga), antigo Campo da Condesa (rúas Perú, Ourense, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos), río da Balsa (parque Rego da Balsa) Antes de inaugurarse os trolebuses existían algunhas empresas que operaban na zona e incluso viñan dende Cee como era o caso do “Guillén”, que será […]
17 – Calzados Mariño
Lugares Calzados Mariño (rúa Coruña) Tamén me lembro, eu neno, de cando algún vello entraba na tenda cun pau na man. Era a medida do pé da sobriña, ou do fillo, ou da neta. Quizais da súa dona, que non podía desprazarse á vila nin atar os amallós. Unha vez, entrou unha paisana cun carabullo […]
16 – Estatua e casa natal de Alfredo Brañas
Lugares Noite de San Xoán en Carballo ¿Quen pode esquencer de vello os seus tempos de rapás? ¡Quen pode esquencer a noite a noitiña de San Xoán co seu séquito de bruxas, fogueiras, baños no mar augas de rosas, parrandas, troulas, bailes… e aínda máis? Si hasta vellos como somos ós fogos imos brincar! Obra: […]
15 – Ferraxaría Pedrouzo
Lugares Ferraxaría Pedrouzo (praza de Galicia) Trátase dun paisano que foi á feira a Carballo facendo a ruta entre A Cruña e Carballo, xa se sabe, e cando saíu da casa díxolle a muller: —Ou, Farruco, cando cheghes aló a ver se te acordas de ir á ferretería; alí á de Pacoret ou á de […]