Liña 2

18

Antiga escola pública do xardín

Xan M. Fraga Rodríguez

Carballo, 1958
Historiador, profesor e escritor

Vanse cumprir 90 anos do testamento —que fixo posíbel esta escola— do filántropo e médico que foi do balneario, Desiderio Varela Puga, concretamente o 23 de decembro de 1907, no que deixou a importante cantidade de 32.500 pts da época para que se construíra unha escola pública de nenos e de nenas, en memoria da súa dona Amalia Gómez.

Crónicas de Carballo (I)

1999

Lugares
Antes de inaugurarse os trolebuses existían algunhas empresas que operaban na zona e incluso viñan dende Cee como era o caso do “Guillén”, que será comprado por outra empresa importante, como “Finisterre”; antes incluso existira o “Tren” de Gerardo Vázquez, o “Lerio” de Carballo, o “Perdiz” de Vimianzo, o “Rápido de Armentón”, o “Caionés”, o “Ferrín”, etc. Ademais, claro está, dunha partida importante de taxis en toda a comarca.
A cuestión foi que, despois de diversos ensaios que comezaron o 2 de febreiro, o xoves 23 de febreiro de 1950 inaugurouse a liña entre A Coruña-Carballo cos trolebuses MAN-AEG.

[...] A estación e cocheira xeral de Carballo (feitas polo constructor Lista), situada na rúa Vázquez de Parga entre o Campo da Condesa e o río da Balsa, tiña 1.506 metros cadrados (talleres, lavado, limpeza, etc.) e un soportal de 8x24 metros. Aínda se conserva hoxe e albergamos unha lixeira esperanza de que se acabe convertendo do Museo dos Trolebuses de Galiza.

[...] Facíanse unhas 18 viaxes ó día, saíndo cada media hora, sempre de Carballo; o primeiro, sobre as 5,45 e o último sobre as 22 horas. O traxecto de 34 Km, que podía ter máis de 40 paradas, adoitaba facerse en hora e cuarto, aínda que dependía de múltiples factores. Ás paradas oficiais había que engadir as “persoais” de amizade, é dicir, podíase deixar a xente “porta por porta”. Como os tempos eran de moita paciencia, había conductores que incluso simulaban algunha avaría e mentres o cobrador facía que arranxaba as pértigas, o conductor ía ve-la moza. Claro que houbo un momento que a xente dicía: “a avaría é sempre no mesmo sitio e co mesmo chofer”. Houbo tamén o nacemento dalgún carballés que se “xestou” na segunda planta dalgún BUT londinense, pois a viaxe entre Carballo e A Coruña daba tempo para todo.
Obra: Trolebús. Agrupación Cultural Lumieira, 2001.

Localización do panel: antiga estación e cocheira de trolebuses (rúa Vázquez de Parga).
Vanse cumprir 90 anos do testamento —que fixo posíbel esta escola— do filántropo e médico que foi do balneario, Desiderio Varela Puga, concretamente o 23 de decembro de 1907, no que deixou a importante cantidade de 32.500 pts da época para que se construíra unha escola pública de nenos e de nenas, en memoria da súa dona Amalia Gómez. Sería na etapa do alcalde Guillermo Peinador, concretamente no ano 1928, cando se lle encarga ao arquitecto e musicólogo Eduardo Rodríguez Losada a súa realización. De planta rectangular, con dous corpos saíntes nos laterais, aos que se accede por unhas pequenas escaleiras, que marcan as dúas seccións: nenos e nenas. Inaugúrase no ano 1929, xuntamente coa Escola de Arrabales (Campo da Feira), que custou 21.608 pesetas.
Por sorte para Carballo, a pesar dos diversos intentos especulativos sobre a devandita escola e os seus terreos, non pasou coma noutros casos e impúxose a vontade do testador: a doazón é para a finalidade exclusiva da escola pública. Despois de setenta anos, en 1998, foi o último curso escolar. O edificio ten tamén agora fins educativos: ludoteca infantil. Se se seguise sempre este exemplo, hoxe Carballo tería outro rostro.
Obra: Crónicas de Carballo (I). Agrupación Cultural Lumieira,1999.

Localización do panel: antiga escola pública do Xardín (rúa Desiderio Varela).
Con Pilapena podíase falar do divino e do humano, do oficial e do clandestino, do rico e do pobre. Era Pilapena unha festa continua e permanente, un eterno baile de ledicia desbordante.
O seu quiosco da Gran Vía, esquina coa Lagoa, practicamente a carón do posto de Susa de Antón, era un templo sagrado, unha catedral á que concorrían todos os carballeses de ben. Alí collíanse puntos de media, facíanse touquiñas, vendíanse pipas, caramelos ou pirulís.
Alugábanse novelas, dende Marcial Lafuente Estefanía a Corín Tellado, pasando polo Capitán Trueno ou Jabato. Peros sobre todo era lugar de encontro, tertulias agradábeis, e repartía para todos ledicia sen cobrar nada.
Obra: Crónicas de Carballo (I). Agrupación Cultural Lumieira,1999.

Localización do panel: antigo quiosco de Pilapena (rúas San Xosé e Gran Vía).
Partindo da Lagoa tiñamos en primeiro lugar o bosque central onde se situaba a maioría da xente, con carballeiras e un prado excelente, desde onde collía carreira Nacho da Lagoa para tirarse de cabeza no río con grande estilo, ante a admiración dos cativos. Máis arriba estaba O Areal, máis reservado e que cubría pouco para os que non sabían nadar e moi preto estaba O Pozo para os máis atrevidos, cheo de bidueiros e ameneiros que facían e trampolíns. E xa máis lonxe —iamos a pé ou bicicleta— está a Cheda co seu muíño nunha paraxe ben acolledora e fermosa. Na propia vila había regos e regatos como o da Balsa e o noso da rúa do Sol, que nolo secuestraron.
Outro lugar moi frecuentado para o baño e xogos de casetas era o san Martiño, topónimo que seguramente terá relación coas propiedades da igrexa e do mosteiro de San Martiño Pinario en Carballo.
Obra: Crónicas de Carballo (I). Agrupación Cultural Lumieira,1999.
Biografía

Nado en Carballo en 1958, Xan Fraga foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lumieira. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Central de Barcelona, na cal realizou a especialidade de Historia Contemporánea, e diplomado en Estudos Avanzados (DEA) en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, participou, como relator, en diversos cursos de Historia de Galiza. Elixido Carballés do ano en 1997, por unanimidade do movemento asociativo da súa vila natal, tamén destaca como articulista e conferenciante. Na actualidade é profesor de Historia no IES Alfredo Brañas da capital bergantiñá.

Obra

Ensaio

De Arsenio a Arsenio. Vintedous anos de historia deportivista [1951-52, 1972-73]. Phottic, 2017.

Luis Suárez. Fútbol de seda. Baía Edicións, 2010.

Miro Casabella e a Nova Canción Galega. Galaxia, 2008.

A memoria de Carballo. Xerais, 2006.

Alfredo Brañas, carballés ilustre. AS-PG, 2005.

Tranvías de Ferrol. Espiral Maior, 2002.

Trolebús. Agrupación Cultural Lumieira, 2001.

Tranvías e trolebuses. Pontevedra-Vigo. Espiral Maior, 2000.

Crónicas de Carballo I, II, III, IV. Agrupación Cultural Lumieira, 1999, 2004, 2006, 2012.

Bergantiños F. C. 75 anos de historia. Bergantiños F. C., 1998.

Tranvías e trolebuses. A Coruña-Sada-Carballo. Espiral Maior, 1997.

Carballo 1900-1979. Crónica fotobiográfica. Espiral Maior, 1996.

Emigración e História Contemporánea. Galiza-Cuba. Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 1994.

En obras colectivas

Follas de Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.

En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.

A memoria de Carballo. Con Carlos Díaz Martínez. Xerais, 2005. 

Manuel María. Fotobiografía sonora. Ouvirmos, 2005.

Malpica. Crónica do século XX en imaxes. Con Héctor Pose Porto. Espiral Maior, 2001. 

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño