Liña 2

23

Fórum Carballo

Ignacio Silva

Carballo, 1978
Escritor

Finalmente si conseguira ser o reflexo das súas palabras tiradas en mil charlas e pegadas en tinta negra sobre a cor branca das follas dos seus libros. E si, por fin, ao longo de corenta anos, fora quen de descubrir todas aquelas criaturas do muro pintado no edificio do Fórum daquela vila. Víraas na Costa da Morte.

Galicia

Relato incluído no libro colectivo Carballo, derrubando muros con pintura (2017)

Lugares

A porta negra estaba pechada. Pensaba que era elegante. Calquera pensamento era benvido nese intre mentres me ía recompoñendo. Cara a arriba, podía intuír que o edificio que se sostiña nos ombreiros do local debía ter moita historia. Encantaríame datalo, pero os meus coñecementos arquitectónicos só chegaban para ofrecer esa pequena reflexión. No entanto, a miña respiración xa comezaba a ser máis normal, aínda que a molladura perduraba. Decidín entón, cumpridas as miñas auto esixencias, abrir a elegante porta negra e tomar un café naquel oasis enxoito no deserto pluvial. Para os meus adentros saudei ao local que me acollía, como un xesto de agradecemento. Ola, Café Cervantes. 

Obra: Chovía como nunca Incluído no libro colectivo Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Localización do panel: antigo Café Cervantes (rúas Gran Vía e Gravador Manuel Facal).

Ernesto Pacheco divisaba a chegada á cidade na que decidira emprender a viaxe da súa desaparición a través das ventás do tren imantado, cuxos altofalantes anunciaban a inminente chegada á estación intermodal de Carballo. A cidade que o acollía naquela mañá de setembro aínda respiraba o ambiente do pobo que fora anos atrás.

[…] Ernesto Pacheco trazou un sorriso inconsciente ao recordar as sensacións daquela noite de setembro do ano 2016. A maior satisfacción que tiña era a de non sentirse un engano. Finalmente si conseguira ser o reflexo das súas palabras tiradas en mil charlas e pegadas en tinta negra sobre a cor branca das follas dos seus libros. E si, por fin, ao longo de corenta anos, fora quen de descubrir todas aquelas criaturas do muro pintado no edificio do Fórum daquela vila. Víraas na Costa da Morte. No Roncudo, en Carnota, en Fisterra. Tamén as divisou en Razo, en Baldaio, en Malpica. Viu miles de vieira en peteiros imposibles en Compostela. Tentáculos en Melide ou en Mugardos, e corpos perfectamente tallados nas Fragas do Eume. Vieiros máxicos que desembocaban no Miño coma os canóns do Sil. E tamén albiscou bandeiras brancas da paz, que ondeaban celebrando o triunfo de poder ter gozado ao longo dos anos daquela fantasía que descubrira agochada nunha parede feita arte.

Ernesto Pacheco chegou ao seu destino e parou diante do edificio. O Fórum Carballo seguía sendo aquela mesma construción de había corenta anos.

Obra: Galicia. Relato incluído no libro colectivo Carballo, derrubando muros con pintura. Engaiolarte Edicións, 2017.

Localización do panel: Fórum Carballo (praza dos Bombeiros Voluntarios).
Biografía

Ignacio Silva (Carballo, 1978) é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido diversos premios polo seu labor como narrador. En 2006 obtivo o primeiro Premio GZCrea, na modalidade de relato, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, por Alén dos sentidos (texto publicado no volume colectivo GZcrea 2006 de Edicións Laiovento). Con Catro esquinas gañou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2008, convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense. O seu relato Tic-Tac foi segundo premio do Certame Os Viadutos 2008, convocado pola concellaría de Xuventude de Redondela. Tamén, en 2008, gañou a sétima edición do Certame Literario Valle-Inclán, convocado na Pobra do Caramiñal pola Asociación de Amigos do Museo Valle-Inclán, coa novela Cela aberta. Xa en 2009 resultou gañador do II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria, convocado polo concello de Ribeira, por Vertixes e do II Premio de Micronovela Concello de Soutomaior por Escintileos. Con Cara B, que reúne as súas tres novelas premiadas, debuta na colección Xerais Narrativa. Con O rubor da dignidade, gañou o 31.º certame de narracións breves Manuel Murguía, convocado polo Concello de Arteixo en 2022, de próxima publicación.

Premios

Gañador do II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria do Concello de Ribeira, no 2009, por Vertixes.

Gañador do II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior, no 2009, por Escintileos.

Segundo premio do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, no 2008, por Tic-Tac.

Premio Ourense de Contos para a Mocidade, no 2008, por Catro esquinas.

Gañador do Certame Literario Valle-Inclán, no 2008, por Cela aberta.

Premio GZCrea de relato, no 2006, por Alén dos sentidos.

Obra

Narrativa

O rubor da dignidade. Gañadora do 31.º certame de narracións breves Manuel Murguía, convocado polo Concello de Arteixo en 2022. Publicarase en 2024.

Cara B. Xerais, 2011. Recolle as novelas curtas Cela aberta, Vertixes e Escintileos.

En obras colectivas

Chovía como nunca. Incluído en Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Mentiras en anacos. Incluído en Follas de Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.

Catro esquinas e cinco contos máis. Incluído no volume que recolle os relatos premiados no certame Contos para a mocidade, convocado polo Concello de Ourense. 2008.

Alén dos sentidos. Incluído en GZCrea 2006: Certame Galego de Creadores Novos. Laiovento, 2007.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño