Liña 2

19

Antiga Casa San Ramón

Xan Fernández Carrera

Vimianzo, 1951
Mestre, divulgador e escritor

Na rúa de Desiderio Varela, na parte de arriba das escolas, foi onde Jacinto Amigo Lera, “Chinto”, construíu o seu chalet, todo un símbolo da época dourada do volframio. Este carballés, procedente do Val do Dubra, fixo unha gra fortuna coa mina de volframio de Monte Neme, propiedade do médico Pedro Abelenda, a quen lla alugou no ano 1944 para facerse coa súa explotación. Foi alcalde de Carballo entre os anos 1967 e 1971. A febre construtiva fixo que desaparecese esta fermosa casa familiar co seu xardín e se levantara no seu lugar un edificio de vivendas.

Na mesma rúa de Desiderio Varela sitúase tamén a Casa San Ramón, lugar de referencia histórica coma libraría e venda de presa. O pioneiro deste negocio, Ramón Castro Busto, natural de Malpica, instalarase nun principio na praza da Liberdade e nos anos corenta trasládase ao lugar onde se atopa actualmente, continuando co negocio o seu fillo Gregorio.

Guía de Carballo

2013

Lugares

Na rúa de Desiderio Varela, na parte de arriba das escolas, foi onde Jacinto Amigo Lera, “Chinto”, construíu o seu chalet, todo un símbolo da época dourada do volframio. Este carballés, procedente do Val do Dubra, fixo unha gra fortuna coa mina de volframio de Monte Neme, propiedade do médico Pedro Abelenda, a quen lla alugou no ano 1944 para facerse coa súa explotación. Foi alcalde de Carballo entre os anos 1967 e 1971. A febre construtiva fixo que desaparecese esta fermosa casa familiar co seu xardín e se levantara no seu lugar un edificio de vivendas.

Na mesma rúa de Desiderio Varela sitúase tamén a Casa San Ramón, lugar de referencia histórica coma libraría e venda de presa. O pioneiro deste negocio, Ramón Castro Busto, natural de Malpica, instalarase nun principio na praza da Liberdade e nos anos corenta trasládase ao lugar onde se atopa actualmente, continuando co negocio o seu fillo Gregorio. 

Obra: Guía de Carballo. Concello de Carballo, 2013.

Localización do panel: antiga libraría, quiosco e papelaría Casa San Ramón (rúa Desiderio Varela).
Autobiografía

A casualidade de ter nacido na Piroga (Bamiro-Vimianzo) no inverno de 1951, foi por mor do traballo itinerante dos meus pais. Mais axiña regresei á terra da súa orixe, á parroquia da Graña (Covelo-Pontevedra), onde pasei a infancia, e onde aprendín as primeiras letras nunha escola do rural. Volvo de novo á Terra de Soneira, á Ponte do Porto (Camariñas), vila que escolleran os meus proxenitores como residencia permanente. Aquí vivo a adolescencia e boa parte da xuventude. Continúo a escolarización e comezo a facer o bacharelato por libre, que logo rematarei na Coruña, cidade na que cursei a carreira de Maxisterio. Rematada esta, principiei a actividade docente nesa mesma urbe, ampliando ao mesmo tempo estudos de Pedagoxía. Despois de pasar un curso no Baixo Miño, en Goián (Tomiño), chego a Coristanco, ao CP “Alcalde Xosé Pichel”, onde desenvolvín toda a miña vida profesional, o que me levou a establecer a residencia en Carballo, alternada, por cuestións familiares, con Muxía.

A maior teima que tiña nos primeiros anos de docencia, sobre todo ao chegar a Bergantiños, era a búsqueda dunha nova metodoloxía para impartir a clase que supuxera unha ruptura coa escola tradicional. O descubrimento da psicoloxía de Piaget, da pedagoxía de Freinet e Paulo Freire, e a integración nos grupos de traballo do Movemento Cooperativo da Escola Popular, cambiou por completo a miña visión sobre a educación e a metodoloxía de aprendizaxe, pero tamén me achegou unha nova visión da realidade e do mundo.

Nesta nova escola na que imperaba a cooperación, a creatividade e a investigación, facíase imprescindible o coñecemento da contorna do alumnado, mais tamén a elaboración de novos materiais didácticos para impartir a clase.

Deste xeito naceu o meu interese polo coñecemento do medio e a implicación en proxectos docentes para elaborar materiais curriculares de lingua galega e coñecemento do medio, publicados polas editoriais Casals, Vía Láctea, Xerais, Edebé ou A Nosa Terra.

A experiencia educativa desenvolvida cos alumnos e alumnas de Coristanco, xunto cos materiais elaborados para impartir a docencia, foron expostos en seminarios didácticos, en encontros, en simposios, escolas de verán, en xornadas de ensino ou en cursos de formación do profesorado. E deron como froito o libro A cultura popular en Coristanco.

As experiencias vividas nas comarcas de Soneira, Nemancos e Bergantiños, espertaron o meu interese polo coñecemento da Costa da Morte, esa rexión modelada polo man do Atlántico. Cada espazo vivido supuxo un territorio a descubrir, a coñecer, a compartir con outras persoas que sentían ese mesmo afecto pola terra na que habitaban, e pola que loitaban para protexer e divulgar o seu patrimonio.

Todo isto levoume tamén a formar parte da Fundación Gonzalo López Abente, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte ou do Instituto de Estudos Bergantiñáns, e á planificación de rutas e publicación de folletos, cadernos e libros sobre este finisterrae atlántico.

Obra

Ensaio

Moraime, centro histórico da Costa da Morte. Edición de autor, patrocinada pola Deputación da Coruña, 2020.

José Vidal, unha vida dedicada á fotografía. Deputación Provincial da Coruña, 2018.

Unha parroquia singular, A Graña: paisaxe, historia e patrimonio. Concello de Covelo e Asociación de Montes en Man Común da Graña, 2017.

Lendas da Costa da Morte. Edicións Embora, 2017.

Descubre Muxía. Concello de Muxía, 2014.

Gonzalo López Abente, poeta do mar: unidade didáctica. Deputación da Coruña, 2013.

Guía de Carballo. Concello de Carballo, 2013.

Ruta a pé pola Costa da Morte. Asociación Neria, 2011.

A Romaría da Barca. Editorial Xaniño, 2007.

Rutas para descubrir A Costa da Morte. Editorial Xaniño, 2007.

Lugares con encanto da Costa da Morte. Editorial Xaniño, 2003.

A comarca de Bergantiños: paisaxe, historia e roteiros por concellos. Editorial Xaniño, 2001.

A Costa da Morte. Mapa e Itinerarios. Editorial Xaniño, 2000.

Ramón Caamaño. Historia viva da Costa da Morte. Editorial Xaniño, 1999.

Costa da Morte: guía turística-cultural. Asociación Neria, 1998.

Coristanco: terra da pataca. Concello de Coristanco, 1994.

En obras colectivas

O Chan da Embarrada, conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco). Concello de Coristanco, 2021.

O río Anllóns, arteria principal da comarca de Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns, 2020.

O río do Porto, río grande da Terra de Soneira. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, 2019.

Cadernos ‘Andando por Bergantiños’. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 19 números, 2000-2017. 

Un mar de sensacións: rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte. Con Rosalía Fernández Rial. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, 2012.

Romarías da Costa da Morte. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, 2011.

O camiño dos peregrinos á fin do mundo: a prolongación xacobea a Fisterra e Muxía. Deputación da Coruña, 2000.

Deporte e aventura na Costa da Morte. Edicións Lea, 1998.

A cultura popular en Coristanco. Concello de Coristanco, 1997.

Muxía e o seu concello. Concello de Muxía, 1992.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño