Liña 1

11

Antigo Colexio Leus

Xosé Antonio Andrade Figueiras

Seavia-Coristanco, 1957
Avogado e escritor

Un pouco antes de subir á clase de Literatura, en compaña de Xurxo, Miguel de Sísamo e outros rapaces de sexto de Letras, agardabamos na Alameda, sentados coma decote no respaldo dos bancos de cemento, o que se di a velas vir. Apurabamos o soliño morno que envolvía o paseo dos plátanos, xusto diante da casa de Chinto, cando en dirección á rúa Pintor Soutomaior, ao cabo da que se ergue o colexio ZEUS, pasaba camiño deste un grupiño de rapazas que debían ir en cuarto ou en quinto. Viñan trouleando e rindo a esgalla dende o Copacabana e á medida que ían acadando a nosa altura, as súas risas e paroladas foron amainando até se converteren nun murmurio apenas perceptible cando xa ían aproximando ao noso banco.

Reválida de sexto

2015

Lugares

Obra: Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.

Localización do panel: antigo colexio Leus (rúa Álvarez de Sotomayor).

O camiño da Lagoa, por onde normalmente atallamos, está aínda embarrado coma no cru do inverno; pero as pólas dos bieiteiros que coroan as sebes das leiras amosan xa os seus primeiros abrochos verdes. E máis aló ao fondo, onde acaban as agras, os ameneiros das ribeiras do Anllóns, empezan a vestir de festa verdía o Bosque no Añón. Apenas pasaramos o  transformador de Fenosa cando empezou a chover a gusto e tivemos que dar volta para tras, sen ver as rapazas do instituto. Xurxo e máis eu metémonos no Uno Equis Dos, o negocio das quinielas que rexenta o barbeiro, a xogar unha partida de pimpón.

Obra: Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.

DE NOITE: Deixáronnos saír de catro a nove. Había guateque no Fronte de Xuventudes. Aló fomos a maioría. Non hai outro sitio onde meterse que teña rapazas dentro.

Obra: Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.

Os días de feira Carballo rezuma pobo e apálpase a paixón e a vida en cada recuncho. Sen embargo, o resto dos domingos o protagonismo é da xente ben do lugar, significadamente dos seus rebentos máis relambidos, que pasean de tres en tres dende o Copacabana até o almacén de cereais de Raposo.

Obra: Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.

No trolebús das sete e cuarto, a maioría de nós volvemos para Carballo. ¡Que teñas sorte, neno! ¡Ti tamén, rapaz! Eran as sentidas apertas de despedida. Desexos mutuos de venturoso porvir. E cada quen marchou para a súa casa. Dende os xardíns da vila, unha melodía de Danny Daniel (Nunca olvidaré en mi vida/ esa tarde fría/ del invierno aquel…) esvara vagariño polos tellados da casa de comidas da señora Pura (yo esperaba en un portal/ comenzaba a llover) e vai deixando notas de vals pola rúa Desiderio Varela (tú llevabas un paraguas/ yo cogí tu mano/ y me cobijé). “Dezaseis anos” é un fermoso título para a canción deste verán.

Obra: Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.
Biografía

Xosé Antonio Andrade Figueiras (Seavia-Coristanco, 1957). Fillo de pais emigrantes en Francia, cursou o antigo Bacharelato na Academia LEUS de Carballo, en réxime de internado. De mozo, foi ferreiro, taxista, albanel, pintor e xardineiro, ata que se licenciou en Dereito pola UNED, onde fixo os cinco cursos da carreira en só tres anos. Exerce, desde hai 35, a avogacía na cidade da Coruña, onde fundou o despacho Andrade Avogados, que el mesmo dirixe. É membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB) e do Consello de Redacción das publicacións periódicas desa entidade carballesa. Forma parte do Club de Oratoria e Comunicación Toast Masters International desde o ano 2010. É colaborador ocasional de prensa e radio.

Obra

Narrativa

Nas cortinas do tempo. Edicións Embora, 2019.

Reválida de sexto. Edicións Embora, 2015.  

Querida Paula. Edición do autor, 2012. 2ª edición, Espiral Maior, 2023.

Seavia é nome de parroquia. Edición do autor, 2007. 2ª edición, Plan B Editora, 2013.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal