Liña 2

14

Antiga dozaría Vella

Xurxo Chapela

Carballo, 1968
Diletante

73

Lémbrome das probas que tiñas que pasar para poder entrar nalgunha caseta das cuadrillas do centro. A peor era meter unha moeda de cinco pesos entre o prepucio e o glande.

74

Lémbrome dos cestiños da dozaría veciña á igrexa (e de pensar se a crema pasteleira sería a receita da eterna xuventude da dependenta).

Lémbrome

2016

Lugares

2

Lémbrome do San Xoán de oitavo, agochados os dous nos garaxes abandonados da SEAT vella: nunca os meus dedos sentiran pelo crecho (nin aquela humidade tan morna).

208

Lémbrome de xogar no cárcere vello. E de, cando te cachaban, botar nalgún calabozo ata que xa non lle tivese chiste ó teu vixiante.

Obra: Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.

Localización do panel: antigo cárcere (rúa Martín Herrera).

73

 Lémbrome das probas que tiñas que pasar para poder entrar nalgunha caseta das cuadrillas do centro. A peor era meter unha moeda de cinco pesos entre o prepucio e o glande.

74

 Lémbrome dos cestiños da dozaría veciña á igrexa (e de pensar se a crema pasteleira sería a receita da eterna xuventude da dependenta).

Obra: Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.

Localización do panel: antiga dozaría Vella (rúa Martín Herrera).

145

Lémbrome do día (tiñamos doce anos) que alguén trouxo unha Derbi Variant ó Teleclub. Eu nunca montara en moto (e nin lle chegaba ó chan cos pés), pero o mesmo conseguín que me deixasen dar unha volta. Baixei a rúa (en dirección prohibida: cara a arriba subían camións cada cinco minutos) sen control ningún, dei (quizais foi a inercia) a primeira curva e tomei dereito a segunda para me espetar contra a cancela de ferro da SEAT vella. Espertei no hospital, vomitando sangue, mentres os amigos ían á miña casa avisar a mamá. Cando llo contaron, sen lle dar tempo a calar, a avoa Amalia xa collera polas lapelas o mensaxeiro e sacudíao: «Que lle fixestes ó meu neto!! Que lle fixestes ó meu neto!!». De aí a unha semana, operáronme para me limar unha racha no cranio, botei case un mes no Canalejo e volvín a casa a tempo para celebrarmos a primeira comuñón do meu irmán Alberto (rapado, cun costurón na fronte, aínda rechamante de mercurocromo, de vinte e pico puntos).

Obra: Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.

12

Lémbrome das feirantas a correr diante dos grises, cos cestos na cabeza, na manifestación contra o espolio da marisma de Baldaio. Mamá non me deixou baixar ese domingo á rúa, pero pola fiestra pechada da sala (desde onde axexaba) chegábame o coro furioso da protesta: «A praia é de Baldaio: caciques, ao carallo!!!».

Obra: Lémbrome.Edicións Positivas, 2016.

21

Lémbrome daqueles gatos xigantes que vexetaban no mostrador da papelería do centro (e de pensar se serían así só por estar capados ou porque tamén papaban os xornais e as revistas).

Obra: Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.

288

Lémbrome da vez que un dos meus barbeiros lle preguntou a outro cliente se na súa familia había unha moza para min. E de que o tipo aquilatoume durante case medio minuto antes de responder: «As mulleres da miña casa teñen a cona moi grande e este rapaz non sei se será home».

Obra: Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.
Biografía

Xurxo Chapela (Carballo, 1968) estudou Xornalismo, profesión que nunca exerceu malia traballar durante case dez anos en prensa local. Prestoulle máis colaborar en revistas culturais como Números Rojos, Luzes, Táboa Redonda ou rEVISTA dAS lETRAS. No primeiro libro que publicou, o xoguetiño cómico (sen gracia ningunha) para lectores novos Con Aroa, o último verán, hai unha chea de referencias a, sobre todo, bares da vila onde naceu. Das 500 entradas da súa terceira obra, o álbum de recordos Lémbrome, máis de dúas ducias teñen que ver con lugares e xentes de Carballo que algunha vez lle importaron.

Obra

Narrativa

Lémbrome. Edicións Positivas, 2016.

Con Aroa, o último verán. Sotelo Blanco, 1999.

Poesía

Arrincando marcos 2020. Escolma de poetas de Edicións Positivas, 2020.

Mudanza. Edicións Positivas, 2019.

primavera de navallas. QueQueres Edicións, 2012.

Arte

Alberto Gende. Encher o baleiro. Con Juan Félix Gende. A.C. Lumieira, 2022.

Prólogo do libro colectivo Carballo, derrubando muros con pintura. Engaiolarte Edicións, 2017.

Tradución

Azucre, de Bibiana Candia. Kalandraka Editora, 2022.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño