Liña 2

22

Mesón do pulpo

Fernando Cabeza Quiles

Ponferrada, 1953
Filólogo e escritor

Cando Carlos, magoado en corpo e alma, chegou a Carballo facía frío, caían unhas pingueiras e era noite pecha. Sorprendido e balbucinte preguntou a un viandante na Praza do Concello pola Avenida de Fisterra co fin de achegarse a un negocio de hostalería do que levaba o seu enderezo na carteira. De alí a uns minutos chegou ao seu destino e franqueou a porta do Mesón do Pulpo.

Unha de polbo, por favor

Relato incluído no libro colectivo Contos de taberna (2014)

Lugares

Cando Carlos, magoado en corpo e alma, chegou a Carballo facía frío, caían unhas pingueiras e era noite pecha. Sorprendido e balbucinte preguntou a un viandante na Praza do Concello pola Avenida de Fisterra co fin de achegarse a un negocio de hostalería do que levaba o seu enderezo na carteira. De alí a uns minutos chegou ao seu destino e franqueou a porta do Mesón do Pulpo, un establecemento senlleiro con sona entre o seu dorido visitante cos seus mellores viños e viandas, manxar de deuses; cefalópodo patrio que Carlos Carballeira Barreira tiña interiorizado no seu maxín por telo catado varias veces no restaurante do Centro Galego de Montevideo. Mais, a malleira e o desgusto recibido apenas unha hora antes pecháralle o estómago e a alma a cal e canto e Carlos só acertou a pedir no Mesón do Pulpo, situado no número 23 da Avenida de Fisterra e repleto de bos arrecendos culinarios, unha aséptica tila mesturada cunha manzanilla.

Obra: Unha de polbo, por favor. Incluído no libro colectivo Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Localización do panel: Mesón do Pulpo (avenida Fisterra).
Biografía

Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Filoloxía Hispánica, Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953) dedícase ao estudo e divulgación da toponimia galega. Establecido en Carballo desde fai moitos anos, colabora adoito en prensa e radio. É tamén membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns e da Asociación Galega de Onomástica.

Obra

Toponimia

Os nomes de lugar: topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Xerais, 1992.

Os nomes da terra: topónimos galegos. Toxosoutos, 2000.

Toponimia de Galicia. Galaxia, 2008.

A toponimia celta de Galicia. Toxosoutos, 2014.

Toponimia da Estrada. Real Academia Galega-Asociación Galega de Onomástica, 2018.

Toponimia de Carballo. Real Academia Galega-Asociación Galega de Onomástica, 2020.

Ensaio

Galicia, o galego e os galegos. Toxosoutos, 2016.

Relatos

O segredo dos zapatos e outros contos. Noroeste, 1996. Reeditado por Edicións Embora, 2021.​

Chamáchesme moreniña: noticias fantásticas. Toxosoutos, 2000.

Domingo de resurrección. Toxosoutos, 2005.

Contos azuis. Galaxia, 2009.

En obras colectivas

Unha de polbo, por favor. Incluído en Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Casteloforte. Incluído en Follas de Carballo. A.C. Lumieira, 2011.

Poesía

Nós (VV. AA.). Concello de Corcubión, 1997.

Rumbo ás illas (VV. AA.). Asociación Cultural Monte Branco, 1997.

Obras en castelán

Ensaio

Galicia, lo gallego y los gallegos. Editorial Medulia, 2022.

Gallegos en las Alpujarras granadinas. Toxosoutos, 2005.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño