Liña 2

21

Casa natal de Xesús San Luís Romero

Xesús San Luís Romero

Carballo, 1872 - Santiago de Compostela, 1966
Político e escritor

Unha casa prove n'aldea de Bértoa. Porta ô foro direita; fenestra a esquerda; porta lateral a esquerda, que a da a cuciña e ô curral. Debaixo d'a fenestra, un sarillo. Primeiro térmo, a direita, unha hucha grande e vella; a esquerda, unha artesa. Segundo térmo, a esquerda, antr'a porta d'a cuciña y-a fenestra, unha lacea grande separada d'a parede. O centro, unha mesa, alguns tallos e varios trevexos, repartidos pol'a escea. Colgarán d'as paredes alguns cadros afumados e descooridos pol'o tempo. Unha tarandeira con algunha roupa. E pol'a mañán.

O fidalgo

1918

Lugares

Unha casa prove n’aldea de Bértoa. Porta ô foro direita; fenestra a esquerda; porta lateral a esquerda, que a da a cuciña e ô curral. Debaixo d’a fenestra, un sarillo. Primeiro térmo, a direita, unha hucha grande e vella; a esquerda, unha artesa. Segundo térmo, a esquerda, antr’a porta d’a cuciña y-a fenestra, unha lacea grande separada d’a parede. O centro, unha mesa, alguns tallos e varios trevexos, repartidos pol’a escea. Colgarán d’as paredes alguns cadros afumados e descooridos pol’o tempo. Unha tarandeira con algunha roupa. E pol’a mañán.

Obra: O fidalgo. Tipografía de El eco de Santiago, 1918.

Localización do panel: casa natal de Xesús San Luís Romero (rúa Saúde).

ESCEA I

PASCOALA pineirando o pé d’artesa; vestirá refaixo bermello, mandil de picote, pano ô seo, e á cabeza pañoleta de lan.

Carón d’a artesa, pineirando, canta:

 

«Para San Pedro de Cances

Vaise pol’a Bugalleira,

Con catro netos n’a bota

Y-un peso n’a faldriqueira».

Obra: O fidalgo. Tipografía de El eco de Santiago, 1918.

ESCEA IV

DITA e o FIDALGO que entra pol’o foro. Vestirá pantalón e chaqueta de pana e sombreiro branco. Usará barba. Párase n’a porta d’o sobrado ollando con curiosidade.

 

FIDALGO.            Bos días che dea Dios.

PASCOALA.        (Deixando de pineirar).

                               Chegue osté moi ledo a velos.

FIDALGO.             (Pousando a escopeta n’a hucha).

                                En apertal’os farelos,

                                Ansea vou vendo que pós.

PASCOALA.         Traballo danme d’abondo.

                                Qu’e moi toupida a pineira.

FIDALGO.             ¿O teu home?

PASCOALA.           Vay n’a feira.

FIDALGO.              ¿E teu sogro?

PASCOALA.           Aló n’o fondo

                                 D’as chouzas de Rebordelos

                                Rouzar un pouco d’estrume;

                                Un para corte, algún pro lume.

                                ¿Vostede quixera velos?

Obra: O fidalgo. Tipografía de El eco de Santiago,1918.
Biografía

Xesús San Luís Romero naceu en Carballo o 9 de setembro de 1872, na rúa da Saúde, numerada daquela co 81. Os seus pais eran Francisco San Luís, e Eugenia Romero, naturais de Noia. O pai fora presidente do Comité Republicano e síndico do concello de Carballo na I República (1873).

Xesús San Luís Romero era o menor de seis irmáns. A Ramón, agrarista, dedicaralle a súa obra O fidalgo (1918). Este irmán evolucionará a posturas máis tradicionalistas posteriormente, sendo alcalde de Carballo no Bienio Conservador (1933-1935).

Vai á escola dos 8 aos 12 anos con Ramón Pérez Villamil e acude en moitas ocasións á boa biblioteca que había no Pazo de Vilar de Francos (Artes). Axiña púxose a traballar como aprendiz de zapateiro na industria dos pais. Aos vinte anos, decembro de 1891, despois de morrer súa nai, emigrou á Arxentina, onde casará o 8 de setembro de 1900 con Manuela Iglesias Sampaio (Noceda, Lalín), con quen terá 5 fillos. Dous deles morrerán moi novos. O

primeiro, Eugenio, nace na emigración. En Arxentina escribirá moito e ben. En 1902 volveu a Galiza, establecéndose en 1908 como industrial zapateiro en Santiago de Compostela. Seu pai morre en Carballo en 1905 con 73 anos. Retomou a escrita e colaborou en varios xornais (como La Defensa, El Látigo ou La Campana) con composicións anticaciquís, cun espírito de loita agraria na liña de Solidaridad Gallega e outras organizacións agraristas. En 1910 faise socio do Centro Republicano, do que será directivo; pertence á masonería e forma parte do famoso Pacto de Lestrove (16 de marzo 1930), do que xurde a Federación Republicana Galega (FRG). Nas eleccións de 1931 foi elixido concelleiro e será tamén tenente de alcalde. Coa guerra e o franquismo padecerá cárcere e multas.

Ao quedar viúvo, en 1946, pasa longas temporadas en Turces (Touro), onde a súa filla Dores era mestra. Morre en Compostela o 22 de setembro de 1966.

De Crónicas de Carballo II, de Xan M. Fraga Rodríguez. A.C. Lumieira, 2004.

O Concello de Carballo presentou en decembro de 2012 o primeiro documental sobre a figura de Xesús San Luís Romero, un traballo que recolle testemuños, imaxes, literatura, historia e escenarios que permiten realizar un percorrido o máis aproximado posible pola vida e pola obra do ilustre autor carballés. 

Podédelo ver na canle de Youtube do Concello de Carballo; preme na ligazón:

youtu.be/faMvS4nHyZc

 

Obra

Poesía

Versos escritos en Buenos Aires e outros poemas. Edición de Alfonso Rey. Libraría Follas Novas, na colección Libros da Frouma, 1999.

A volta do bergantiñán. Editorial Nós, 1928.

Teatro

Unha fiada no Sarela (Unha noite no muíño), 1959.

Xenreira, 1951.

Rosiña, 1921.

O fidalgo. Tipografía de El eco de Santiago, 1918.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño