Liña 1

7

Antigos Baños Vellos

Alberto Varela Ferreiro

Carballo, 1963
Deseñador gráfico, pintor e debuxante

Puls Ultra. Transición ao futuro

2022

Lugares
Obra: Plus Ultra. Transición ao futuro. Xerais, 2022.

Localización do panel: rúa Baños Vellos.
Obra: Wolfram. Espías, nazis e maquis. Xerais, 2020.
Obra: Plus Ultra. Transición ao futuro. Xerais, 2022.
Biografía

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño, Alberto Varela Ferreiro (Carballo, 1963) traballa de deseñador gráfico e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Foi dos fundadores do fanzine carballés A Ameixa Cacofónica e colaborou en fanzines e revistas como Taka de Tinta, Gaudeaumus, Trilateral ou en Golfiño, onde deu a coñecer o seu heroe Xeixas Jhonson. Gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como escritor e debuxante ten publicados títulos para o público infantil e álbums centrados na problemática ecolóxica e medioambiental. Entre os seus últimos traballos de banda deseñada para mozos e adultos destacan Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, Wolfram e Plus Ultra. Transición ao futuro. No eido da pintura, a súa obra mereceu o recoñecemento nun bo número de exposicións.

Premios

Finalista da Gala do Libro Galego, por Ulf de Jakobsland. Os Viquingos en Galicia. 2019.

Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, por Anamarciana. 2002. 

Primeiro premio do Concurso Cartel San Froilán, de Lugo. 1990, 1991 e 2000.

Primeiro premio do Concurso Cartel XII Semana Internacional de Cinema de Autor, de Lugo. 1990.

Finalista do Concurso de carteles Biennal 87 ADG-FAD, de Barcelona. 1987.

Primeiro premio do Concurso de Cómic Ajuntament d´Amposta, Tarragona. 1987.

Primeiro premio do Concurso  do cartel das festas de San Xoan, de Carballo. 1988.

Primeiro premio do concurso de deseño do logotipo para o Concello de Malpica. 1988.

Finalista do I Concurso de Diseño Textil Levi’s S.A. 1985.

Finalista do Concurso de Diseño de Moda da revista YModa, de Barcelona. 1985.

Primeiro premio do Concurso de Cómic da Universidade Politécnica de Cataluña. 1984.

Accésit no I Concurso de Cómic do programa Tablón de Anuncios, de TVE. 1984.

Primeiro premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. 1984.

Premio Continuará. Concurso homenaxe a Hergè da Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona. 1983.

Primeiro premio do Concurso de carteis ‘Día das Letras Galegas’, da Asociación Cultural ANG. 1979.

Obra

Banda deseñada e ilustración

Plus Ultra. Transición ao futuro. Xerais, 2022.

Wolfram. Espías, nazis e maquis. Texto e ilustración. Xerais, 2020.

Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. Texto e ilustración. Xerais, 2018.

Follas de Carballo. Con textos de VV. AA. Asociación Cultural Lumieira, 2011.

1809. A Rebelión Neria. Texto e ilustración. Asociación Cultural Neria-Deputación A Coruña, 2010.

Dona Landra no río revolto. Texto e ilustración. Xerais, 2009.

Misterio na selva de Ngorongón. Texto e ilustración. Galaxia, 2009.

¡Lume! (Dona Landra contra a Lapa). Texto e ilustración. Xerais, 2007.

Historia dunha lata. Texto e ilustración. Planeta-Oxford, 2006.

Anamarciana no planeta vermello. Texto e ilustración. Xerais, 2005.

Brrumm…Brrumm. Texto e ilustración. Xerais, 2004.

Anamarciana: Vacacións en Europa. Texto e ilustración. Xerais, 2003.

Anamarciana. Texto e ilustración. Xerais, 2000. 

Desembarco Bablix. Con texto de Milagros Oya. Editorial Sotelo Blanco, 1996.

As botas de Zapeto. Con texto de Xosé Lois Ripalda. Sotelo Blanco, 1995.

Don Klaus de viaxe pola Chaira. Con texto de Xosé Carballo Ferreiro. Citania de Publicacións, 1994. 

Tres nenos nas alturas. Con texto de Carmiña B. Leira. Sotelo Blanco, 1993.

Exposicións

Colectiva ‘Santiago, cidade ilustrada’, na Fundación Torrente Ballester. Santiago de Compostela, 2010.

Colectiva ‘O Cómic en Galicia’, no Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2008.

Individual ‘O bosque non deixa ver as árbores: unha ollada á paisaxe galega’, no Museo de Bergantiños, de Carballo, e no Centro Cultural O Ensanche, de Santiago de Compostela. Carballo e Santiago de Compostela, 2006 e 2007.

Colectiva ‘O lado da sombra’, na Fundación Luis Seoane. A Coruña, 2005.

Colectiva Salón de Otoño de Pintura, da Deputación da Coruña. A Coruña, 2004.

Colectiva ‘Revista Golfiño’, no Salón Viñetas Desde o Atlántico. ACoruña, 2002.

Colectiva ‘Transversais: Visións fronteirizas da fotografía en Galicia’, na CGAI-Fundación Laxeiro. Vigo, 2001.

Colectiva VIII New York Digital Salon. Nova York, Madrid, Valladolid e Xixón, 2000 e 2001.

Colectiva VII New York Digital Salon. Nova York, Madrid, Valladolid, Málaga, 1999.

Colectiva V Bienal Unión-Fenosa. A Coruña, 1997.

Colectiva ‘Galicia Terra Única’. Galicia, 1997.

Colectiva ‘As cores do vento’. Galicia, 1997.

Colectiva ‘From Galicia with Humor’. Filadelfia, 1995.

Colectiva ‘O Cómic en Galicia’. 1993.

Colectiva ‘O cómic e o séptimo arte. A Coruña, 1991.

Colectiva ‘Love in XXI Century’. Berlín, 1987.

Colectiva ‘Barcelona Sud’. Barcelona, 1986.

Colectiva ‘Black and White’. Barcelona, León, Zaragoza, Braunschweig (Alemaña), 1985

Colectiva do Salón do Cómic de Barcelona. Barcelona, 1985.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal