- Antiga estación e cocheira de trolebuses (rúa Vázquez de Parga), antigo Campo da Condesa (rúas Perú, Ourense, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos), río da Balsa (parque Rego da Balsa)
A cuestión foi que, despois de diversos ensaios que comezaron o 2 de febreiro, o xoves 23 de febreiro de 1950 inaugurouse a liña entre A Coruña-Carballo cos trolebuses MAN-AEG.
[...] A estación e cocheira xeral de Carballo (feitas polo constructor Lista), situada na rúa Vázquez de Parga entre o Campo da Condesa e o río da Balsa, tiña 1.506 metros cadrados (talleres, lavado, limpeza, etc.) e un soportal de 8x24 metros. Aínda se conserva hoxe e albergamos unha lixeira esperanza de que se acabe convertendo do Museo dos Trolebuses de Galiza.
[...] Facíanse unhas 18 viaxes ó día, saíndo cada media hora, sempre de Carballo; o primeiro, sobre as 5,45 e o último sobre as 22 horas. O traxecto de 34 Km, que podía ter máis de 40 paradas, adoitaba facerse en hora e cuarto, aínda que dependía de múltiples factores. Ás paradas oficiais había que engadir as “persoais” de amizade, é dicir, podíase deixar a xente “porta por porta”. Como os tempos eran de moita paciencia, había conductores que incluso simulaban algunha avaría e mentres o cobrador facía que arranxaba as pértigas, o conductor ía ve-la moza. Claro que houbo un momento que a xente dicía: “a avaría é sempre no mesmo sitio e co mesmo chofer”. Houbo tamén o nacemento dalgún carballés que se “xestou” na segunda planta dalgún BUT londinense, pois a viaxe entre Carballo e A Coruña daba tempo para todo.
Localización do panel: antiga estación e cocheira de trolebuses (rúa Vázquez de Parga).
- Antiga escola pública do Xardín (rúa Desiderio Varela), antiga escola de Arrabales (Campo da Feira, barrio da Milagrosa).
Por sorte para Carballo, a pesar dos diversos intentos especulativos sobre a devandita escola e os seus terreos, non pasou coma noutros casos e impúxose a vontade do testador: a doazón é para a finalidade exclusiva da escola pública. Despois de setenta anos, en 1998, foi o último curso escolar. O edificio ten tamén agora fins educativos: ludoteca infantil. Se se seguise sempre este exemplo, hoxe Carballo tería outro rostro.
Localización do panel: antiga escola pública do Xardín (rúa Desiderio Varela).
- Antigo quiosco de Pilapena (rúas San Xosé e Gran Vía), rúa Gran Vía, barrio da Lagoa.
O seu quiosco da Gran Vía, esquina coa Lagoa, practicamente a carón do posto de Susa de Antón, era un templo sagrado, unha catedral á que concorrían todos os carballeses de ben. Alí collíanse puntos de media, facíanse touquiñas, vendíanse pipas, caramelos ou pirulís.
Alugábanse novelas, dende Marcial Lafuente Estefanía a Corín Tellado, pasando polo Capitán Trueno ou Jabato. Peros sobre todo era lugar de encontro, tertulias agradábeis, e repartía para todos ledicia sen cobrar nada.
Localización do panel: antigo quiosco de Pilapena (rúas San Xosé e Gran Vía).
- Barrio da Lagoa, bosque do Añón, parque do San Martiño, rego da Balsa (parque Rego da Balsa), rego da rúa do Sol (rúa Sol), muíño da Cheda (parroquia de Bértoa).
Outro lugar moi frecuentado para o baño e xogos de casetas era o san Martiño, topónimo que seguramente terá relación coas propiedades da igrexa e do mosteiro de San Martiño Pinario en Carballo.
Nado en Carballo en 1958, Xan Fraga foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lumieira. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Central de Barcelona, na cal realizou a especialidade de Historia Contemporánea, e diplomado en Estudos Avanzados (DEA) en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, participou, como relator, en diversos cursos de Historia de Galiza. Elixido Carballés do ano en 1997, por unanimidade do movemento asociativo da súa vila natal, tamén destaca como articulista e conferenciante. Na actualidade é profesor de Historia no IES Alfredo Brañas da capital bergantiñá.
Ensaio
De Arsenio a Arsenio. Vintedous anos de historia deportivista [1951-52, 1972-73]. Phottic, 2017.
Luis Suárez. Fútbol de seda. Baía Edicións, 2010.
Miro Casabella e a Nova Canción Galega. Galaxia, 2008.
A memoria de Carballo. Xerais, 2006.
Alfredo Brañas, carballés ilustre. AS-PG, 2005.
Tranvías de Ferrol. Espiral Maior, 2002.
Trolebús. Agrupación Cultural Lumieira, 2001.
Tranvías e trolebuses. Pontevedra-Vigo. Espiral Maior, 2000.
Crónicas de Carballo I, II, III, IV. Agrupación Cultural Lumieira, 1999, 2004, 2006, 2012.
Bergantiños F. C. 75 anos de historia. Bergantiños F. C., 1998.
Tranvías e trolebuses. A Coruña-Sada-Carballo. Espiral Maior, 1997.
Carballo 1900-1979. Crónica fotobiográfica. Espiral Maior, 1996.
Emigración e História Contemporánea. Galiza-Cuba. Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 1994.
En obras colectivas
Follas de Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.
En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.
A memoria de Carballo. Con Carlos Díaz Martínez. Xerais, 2005.
Manuel María. Fotobiografía sonora. Ouvirmos, 2005.
Malpica. Crónica do século XX en imaxes. Con Héctor Pose Porto. Espiral Maior, 2001.