Liña 1

8

Chocolates Mariño

Xurxo Borrazás

Carballo, 1963
Filólogo, escritor e xornalista

—Ao fondo da rúa —continuou Rosa— estaba a casa do concello, un edificio de cubos asimétricos dos anos setenta, de seis alturas e cun aire piramidal. Agora confundíase co resto do entullo e as árbores arrincadas da alameda, coas lápidas do marmorista e os carteis dos bares. Polo recendo intuín onde estivera o obradoiro de Chocolates Mariño. Ollei en busca da outra altura sinalada do centro, o edificio da caixa de aforros, pero sobre a poeira non medraba construción ningunha.

Costa Norte/ZFK

2008

Lugares

—Ao fondo da rúa —continuou Rosa— estaba a casa do concello, un edificio de cubos asimétricos dos anos setenta, de seis alturas e cun aire piramidal. Agora confundíase co resto do entullo e as árbores arrincadas da alameda, coas lápidas do marmorista e os carteis dos bares. Polo recendo intuín onde estivera o obradoiro de Chocolates Mariño. Ollei en busca da outra altura sinalada do centro, o edificio da caixa de aforros, pero sobre a poeira non medraba construción ningunha.

Obra: Costa Norte / ZFK. Galaxia, 2008.

Localización do panel: ceraría e obradoiro de chocolates Mariño (rúa Cervantes).

Daquela lembrei as fotos que saían de cote nos programas das festas e nos libros das crónicas, cando de golpe se dinamitara o Concello Vello e se derruíran a Igrexa, os Baños e a Casa da Condesa. Todos os maiores falaban diso, de que Carballo parecía Dresde bombardeada, que tiña vocación de entullo. O certo é que no primeiro arrouto deume por ir cara o centro, púidome dar por fuxir e o meu futuro sería distinto, non quedaría alá dentro. A noite caeu e inmobilizoume. Co abrente camiñei en dirección a Bértoa e á altura da igrexa, agora por terra, vin os homes tras as primeiras pezas do muro.

Obra: Costa Norte / ZFK. Galaxia, 2008.

O condutor xa notara un sopro no motor pola costa da Ponte Rosende, mesmo no descenso de Anxeriz a Entrecruces. Agora baixaba desde o Arrabaldo da Brea cara a Carballo pola estrada de Santiago e, chegando ao cruzamento a carón do Anllóns, sentiu o fallo nos freos. Os seus intentos por controlar o camión foron tan bruscos que provocaron a rotura da dirección e a cisterna foise esnafrar contra o estanco e a Caixa de Aforros. O último que viu foi que comía o caixeiro automático, un yihadista sen causa.

Obra: Costa Norte / ZFK. Galaxia, 2008.

O peor era o pan. Aos oito días deixei de comelo. Bergantiños fora un dos graneiros de Galiza e a Carballo dáballe sona o pan, os fornos de leña, pero el foi o primeiro en desaparecer. En realidade non era doado localizar as panaderías, non era doado localizar sitio ningún, nin sequera saber en que rúas estabas ou orientarte minimamente. As pedras derruídas deixaban de ser “parte de”, deixaban de ser fitos, integrábanse no entullo e listo, tanto tiña se antes formaran o ollo dunha ponte, a nave dun almacén ou un cortello para o gando: todas pedras. Cando cría remexer entre os restos da Docería Vella atopaba as chilindradas dun todo a cen. Buscaba medicinas na farmacia de Loli e aparecían os almanaques da librería San Ramón. Esgotador.

Obra: Costa Norte / ZFK. Galaxia, 2008.

—Siii! Vivían na Ponte da Pedra, nas casas novas a carón do centro comercial. A casa de mamá estaba na rúa do Lagarto, case eramos veciños. Como non mo dixeches antes? Dáme unha aperta.

Obra: Costa Norte / ZFK. Galaxia, 2008.
Biografía

Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago e é profesor de inglés nun centro de ensino secundario de Vigo, cidade na que reside desde 1990. Tradutor ao galego de Trópico de Cáncer, de Henry Miller, e de O ruído e a furia, de William Faulkner, así coma de textos de carácter divulgativo, ten colaborado en xornais e revistas de todo o Estado, como El País, Nós Diario, Tempos Novos ou Grial. Sen dúbida o escritor más importante dos nacidos en Carballo, está considerado tamén como un dos autores máis destacados da literatura galega do século XXI.

Obra

Narrativa e ensaio

Brevedume. Galaxia, 2020.

Covalladas. Prosa vertical. Galaxia, 2010.

Costa Norte/ZFK. Galaxia, 2008.

Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida. Galaxia, 2007. Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría Ensaio e Pensamento.

Ser ou non. Galaxia, 2004. Traducida ao castelán, ao portugués e ao ruso.

Pensamentos impuros. Xerais, 2002. Traducida ao castelán.

Na maleta. Sotelo Blanco, 2000. Premio Antón Losada Diéguez 2001.

O desintegrista. Xerais, 1999.

Contos malvados. Xerais, 1998.

Eu é. Sotelo Blanco, 1996. Traducida ao castelán.

Criminal. Sotelo Blanco, 1994. Premio da Crítica Española 1994 e Premio Arcebispo San Clemente 1995. Traducida ao inglés.

Cabeza de chorlito. Sotelo Blanco, 1991. Traducida ao castelán.

En obras colectivas

Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Follas de Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.

En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.

From the beginning of the sea / De onde comeza o mar. Foreign Demand, 2008.

Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Difusora, 2006.

Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.

Materia prima: relatos contemporáneos. Xerais, 2002.

Longa lingua: Os contos da Mesa. Xerais, 2002.

Novo do trinque. BNG, 1997.

Traducións

O ruído e a furia, de William Faulkner. Galaxia, 2008.

Trópico de Cáncer, de Henry Miller. Galaxia, 2006.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal