Liña 1

4

Café Valle-Inclán

Ramón Vilar Landeira

Rodís (Cerceda), 1973
Filólogo, xornalista e escritor

—Aló eles, son maiorciños. Pois nada, despois de cear tomamos unha copa en Carballo, no Valle-Inclán. Estábase de marabilla na terraza de atrás. E non creas que había demasiada xente… Ademais danche unhas mantiñas… A min encántame estar alí fumando, tapadiña.

Cigarros no asfalto

Incluído en Un peixe no parqué (2019)

Lugares
E para a miña sorpresa, Afonso lembrou con todo luxo de detalles unha noite que eu tiña completamente esquencida. Iso foi hai seis, se cadra xa sete anos. Fixerámoslle a despedida de solteiro a Bidueiros en Carballo, no Xabarín. É incríbel a memoria de Afonso. Cearamos salpicón de lagosta, caldeirada de sanmartiño e carne. Beberamos viño en abundancia, albariño e rioxa a fartar, un par de copas no Bule e despois peregrinación polos puticlubs da zona.
—Cando entramos no Cabalo Branco eu ía flotando no aire. Xa beberamos moito e, por se fose pouco, Torres levaba a bolsa ben completa de farlopa. Bidueiros subiu con dúas para arriba. Non te acordas? Pagámoslle entre todos a escote. Os demais dedicámonos a beber e darlles leria ás rapazas. Acórdaste agora de Iacaré?
Obra: Diario de Caión, relato incluído en Os televisores estrábicos. Xerais, 2014.
Martes, 3 de agosto de 2010
Antonte baixei ata Razo. A verdade é que me afectou máis a marcha de Mara do que contaba. O vento petaba con forza e os tornaventos de cores facían máis fermoso aínda o areal. Quíxenme bañar, pero un dos socorristas chamoume á atención cando a auga apenas me pasara os xeonllos.
Pasei a tarde lendo, acubillado detrás das dunas. Merquei en Carballo De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte). Lin e relín un dos poemas de Miguel Anxo Mato Fondo e envexei non telo escrito. Non ser quen de madurar coma el «O whiskey na barrica». Léase o vello dito: non somos nada.
Obra: Diario de Caión, relato incluído en Os televisores estrábicos. Xerais, 2014.
—Aló eles, son maiorciños. Pois nada, despois de cear tomamos unha copa en Carballo, no Valle-Inclán. Estábase de marabilla na terraza de atrás. E non creas que había demasiada xente… Ademais danche unhas mantiñas… A min encántame estar alí fumando, tapadiña.
Obra: Cigarros no asfalto. relato incluído en Un peixe no parqué. Xerais, 2019

Localización do panel: Café Valle-Inclán (rúa Valle-Inclán).
Biografía

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, onde mantivo ao longo de máis de dous anos unha columna de opinión diaria titulada Radiografías. Logo pasaría a encargarse de cubrir as noticias da bisbarra de Ordes para a edición de Santiago de Compostela. Dende finais de 2004 ata outubro de 2006 formou parte da redacción do xornal Faro de Vigo en Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foi o último director de Vieiros, desde finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010.

Obra

Narrativa

A fraguella.  Relato incluído no número 224 da revista Grial, 2019.

Un peixe no parqué. Xerais, 2019.

Os televisores estrábicos. Xerais, 2014.

En obras colectivas

Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Alvarellos, 2017.

Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohán Xesús González. Fervenza, 2016.

Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal