Liña 2

20

Casino

Farruco Graña

Carballo, 1966
Profesor e escritor

Medio agochado, un tanto escurecido xa, mandaba o soán os seus postremos raios á casa daquel cativo situada fronte á que fora a grande horta da Condesa e moi preto do xardín e o concello construído en 1902. Desde a xanela da súa bufarda cuase podía ver ao señor Farruco ollando o xornal na biblioteca do casino. A certa distancia, ficaba impertérrita a igrexa que tantas suores dera aos veciños para construíla. «Pero que bonita era!» Cada noite subía o avó ao campanario, onde tan ben se podía admirar toda a vila, e pegaba un brinco para se achegar á lúa.

O bosque de Nadgor

2007

Lugares

Medio agochado, un tanto escurecido xa, mandaba o soán os seus postremos raios á casa daquel cativo situada fronte á que fora a grande horta da Condesa e moi preto do xardín e o concello construído en 1902. Desde a xanela da súa bufarda cuase podía ver ao señor Farruco ollando o xornal na biblioteca do casino. A certa distancia, ficaba impertérrita a igrexa que tantas suores dera aos veciños para construíla. «Pero que bonita era!» Cada noite subía o avó ao campanario, onde tan ben se podía admirar toda a vila, e pegaba un brinco para se achegar á lúa.

Obra: O bosque de Nagdor. 2007.

Localización do panel: Casino (rúa Lugo).

—E esta escola?

—Nada. Éche unha cativa e discreta reliquia. Foiche o colexio de moita xente. Agora só veñen os cativos.

—Pero está dividida en «Sección Niños» e «Sección Niñas»!

—Vestixios do pasado. E antes, case acabas coa cabina do teléfono.

—Cala, cala. Que mal xeito lle din. Como me cabreou!

Obra: O bosque de Nagdor. 2007.

Seguindo o camiño, xa na vila, e baixando pola avenida do Chorís, achegareime á feira de Verdillo; hei ter coidado na rúa do Sol de non caer nas fincas lindeiras, xa se sabe que os días de feira moita xente usa este vieiro para ir mercar ou vender ovos, galiñas, vacas, porcos ou hortalizas e hai que ir con moito tino. De volta, a carón da Ponte da Lagoa, escoitarei as conversas das mulleres que estean a lavar a roupa; adoitan ser interesantes e cheas de moita rexouba e pícaro humor. Irei ata o convento da capela do barrio para charlar un pouco con el, ver que tal lle vai, se os gobernantes do concello seguen a esquecerse del como de costume, beber un sorbo da saborosa auga da fonte de San Xoán e tomarmos un pouco o fresco sentados de par da carballeira veciña. Achegareime despois ata a Ponte Lubiáns para que me comente cantas antigas e vellas xentes de ben por elas transitaron con moito esforzo ás súas costas, para viren coidar os seus males cos bos efectos das sulfurosas augas. Acompañerei aos que por alí aínda se dirixan aos «Hospitalillos», de par da Ponte da Balsa; continuarei ata a Ponte da Pedra desde onde me dirixirei ao camiño veciñal que vai dar a Razo. Xa andando cara o centro da vila, pola Vázquez Parga chegarei á Praza da Liberdade e, un pouco máis adiante, á igrexa. Subireime ao seu campanario e desde alí ollarei a paisaxe, as augas do Anllóns. Facendo unha cativa parada na taberna do bacallau, na de Chambras, ireime cara a Lagoa, vello casarío das xentes comúns con doenzas por curar nos Baños Vellos.

Obra: O bosque de Nagdor. 2007.
Biografía

Farruco Graña (Carballo, 1966) licenciouse en Filosofía en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Establecido en Ribadeo, é profesor no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casariego (Asturias). Ten presentado traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía e en Cursos de Formación do Profesorado. Na actualidade colabora coa prensa local, tanto da Mariña (El Progreso-A Mariña, La Comarca del Eo) coma de Bergantiños (La Voz de Galicia), e con medios de ámbito galego, coma Xornal.com, A Nosa Terra ou Sermos Galiza.

Obra

Narrativa

Badaladas de Anllóns. Edicións Embora, 2017.

O soño de Xoán. Edicións Embora, 2015.

O bosque de Nadgor. A. C. Francisco Lanza, 2007.

En obras colectivas

Carballo. Derrubando muros con pintura. Engaiolarte Edicións, 2017. 

Contos de taberna. Edicións Embora, 2014.

Follas de Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.

A Coruña á luz das letras. Trifolium, 2008.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño