Liña 1

2

Avenida Ponte da Pedra

Xaime Díaz Alonso

Carballo, 1962
Deseñador e axente de inspección urbanística

Escultura Peixe.
Localización: avenida Ponte da Pedra.
Data de construción: 2004.
Artista: Manuel Facal Ponte.
Enxeñeira do proxecto de urbanización da rotonda: Cristina López Amil.


A figura mide sete metros e medio e ten un peso aproximado de 500 quilos. Composta por 12 grandes tubos verticais e 144 escamas de aceiro inoxidable, foi inaugurada como símbolo do Carballo do futuro, nunha das zonas de expansión do tramado urbano da cidade.

Pertence á mesma serie de esculturas que foron deseñadas gratuitamente polo artista e realizadas en talleres locais: Escalo, situado no parque empresarial de Bértoa, e Enredos, situada no Instituto Monte Neme.

Carballo. Guía ilustrada da arquitectura

2022

Lugares
Localización: avenida Ponte da Pedra
Data de construción: 2004
Artista: Manuel Facal Ponte
Enxeñeira do proxecto de urbanización da rotonda: Cristina López Amil
A figura mide sete metros e medio e ten un peso aproximado de 500 quilos. Composta por 12 grandes tubos verticais e 144 escamas de aceiro inoxidable, foi inaugurada como símbolo do Carballo do futuro, nunha das zonas de expansión do tramado urbano da cidade.
Pertence á mesma serie de esculturas que foron deseñadas gratuitamente polo artista e realizadas en talleres locais: Escalo, situado no parque empresarial de Bértoa, e Enredos, situada no Instituto Monte Neme.
Obra: Carballo. Guía ilustrada de arquitectura. Deputación da Coruña, 2022.

Localización do panel: parque Rego da Balsa.
Localización: rúa Vitoria, esquina coas rúas Ponte e Cinceiro
Data de construción: 1900
Mestre de obra: descoñecido/a
Edificio composto de semisoto, baixo e tres plantas altas. O baixo acolleu a coñecida ferraxería Pose e tres plantas altas, a primeira para almacén e oficinas e outras para vivendas. A fachada é de pedra e no primeiro piso ten tres ocos enmarcados en canteiría, cun balcón central e balaustrada de forxa artística e dúas pequenas galerías a cada lado, mentres que no segundo e no terceiro piso toda a fronte está ocupada por unha galería corrida de aluminio e vidro.
Proxecto de Elevación e Rehabilitación no ano 1991 polo arquitecto Alfredo Santiberi Jordan.
Obra: Carballo. Guía ilustrada de arquitectura. Deputación da Coruña, 2022.
Localización: rúa Cervantes
Data de construción: 1946
Arquitecto: Leoncio Bescansa Casares
Nunha primeira fase, o edificio foi construído como unha planta baixa para almacén e, posteriormente, foron realizadas as plantas superiores. A fachada ecléctica ten un claro eixo de simetría, con galería central en curva e columnas imitando o ornato das ordes clásicas nos corpos laterais que enmarcan os balcóns e as fiestras. A ménsula central está sostida por dúas figuras simétricas que representan a dúas sereas e son obra dun artista portugués.
Obra: Carballo. Guía ilustrada de arquitectura. Deputación da Coruña, 2022.
Localización: rúa Gran Vía
Data de construción: 1925
Arquitecto: descoñecido/a
É un dos edificios máis emblemáticos da vila, que noutros tempos albergaba varios comercios e almacéns, ademais dun cine. Tiña inicialmente un porche previo en toda a fronte da fachada principal. Os irmáns Neira Torrado construíron un edificio de grandes dimensións, de composición clásica, con reinterpretacións de capiteis clásicos e outros elementos de deseño como floróns, loureiros, grilandas e animais. O inmoble era simétrico, pero só queda a metade, xa que o resto foi demolido para construír un novo.
Obra: Carballo. Guía ilustrada de arquitectura. Deputación da Coruña, 2022.
Biografía

Graduado en Deseño de interiores na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, Xaime Díaz (Carballo, 1962) traballa como axente de Inspección no Servizo de licenzas e disciplina da área de Urbanismo do Concello de Carballo. Colaborou nas publicacións A arte no Val do Barcala, de José Cardeso Liñares —na que realizou a medición e delineación dos debuxos das igrexas parroquiais de Negreira e da Baña—, e Neoclasicismo galego: seis edificios galegos reproducidos, de José Ramón Soraluce Blond —cun traballo similar sobre o edificio das Casas de Paredes na Coruña—. Foi un dos fundadores, encargado da maquetaxe, redactor e debuxante do fanzine A Ameixa Cacofónica, e asinou deseños gráficos para o Padroado Deportivo Municipal de Carballo, a homenaxe a Alfredo Brañas, as Escolas Taller de Carballo e Buño, Feiraber e Concello de Malpica, entre outros. Autor das rutas urbanas pola súa vila natal, tamén tivo un papel importante, como fundador, directivo e socio, de asociacións e iniciativas coma Adega Bergantiños, Cineclub Carballo, grupo de teatro Ártabro, a emisora de radio Carballo 105, Telón e Aparte, FIOT, Escola de Básket Xiria. Colaborou na realización das esculturas urbanas Peixe, Escalo e Enredos, do artista plástico Manuel Facal.

Obra

Carballo. Guía ilustrada de arquitectura. Deputación da Coruña, 2022.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal
18
Parque da rúa Eduardo Pondal