Liña 2

16

Estatua e casa natal de Alfredo Brañas

Alfredo Brañas

Carballo, 1859 - Santiago de Compostela, 1890
Xurista, xornalista, escritor e ideólogo do rexionalismo galego

¿Quen pode esquencer de vello
os seus tempos de rapás?
¡Quen pode esquencer a noite
a noitiña de San Xoán
co seu séquito de bruxas,
fogueiras, baños no mar
augas de rosas, parrandas,
troulas, bailes... e aínda máis?
Si hasta vellos como somos
ós fogos imos brincar!

Lembranza

1889

Lugares

¿Quen pode esquencer de vello

os seus tempos de rapás?

¡Quen pode esquencer a noite

a noitiña de San Xoán

co seu séquito de bruxas,

fogueiras, baños no mar

augas de rosas, parrandas,

troulas, bailes… e aínda máis?

Si hasta vellos como somos

ós fogos imos brincar!

Obra: LembranzaPoema dedicado a Rosalía de Castro. Gaceta de Galicia, 1889.

Localización do panel: estatua e casa natal de Alfredo Brañas (rúa Coruña).
Biografía

Alfredo Brañas naceu o 11 de xaneiro de 1859 en Carballo de Bergantiños (A Coruña). Foi bautizado de 1859 como Alfredo José de Francisco Higinio Brañas Menéndez. Seus pais, naturais da Coruña, eran Vicente María Brañas Valseca (15/09/1810-30/08/1874) e Celestina Menéndez Vilas (24/09/1827-1902); tivo catro irmáns. Seu pai, dun matrimonio anterior, segundo Francisco Campos Freire, tivera un fillo tamén escritor, Gonzalo Brañas Sánchez (A Coruña, 1840-1903). Seus avós paternos eran Gonzalo Brañas (Aranga, A Coruña) e Juana Balseca (Nava del Rey, Valladolid); os avós maternos eran Gregorio Menéndez, da Coruña, e Rita Vilas de Santiago. Os padriños de Alfredo Brañas foron Enrique Piñeiro e a súa dona Josefa Borrell, residentes en Carballo.

Aos dous anos, en 1861, a súa familia trasládase a Cambados, onde o pai vai exercer de rexistrador da propiedade.

Estuda en Santiago de Compostela, onde realiza o bacharelato (1869-1873) no instituto e a carreira de Dereito na facultade, e remátaa en 1878. A morte de seu pai, en 1874, tráelle dificultades económicas á familia e recibe axuda da Duquesa de Medina de las Torres que, segundo Xavier Castro, era a nai dun compañeiro da Facultade. Alterna diversos traballos xornalísticos co exercicio da avogacía, así como unha breve estancia en Madrid, 1880-1881, onde traballa no xornal La Política e despois na Biblioteca Nacional. De volta a Galicia, despois dun brevísimo período traballando nunha notaría en Cambados, matricúlase no Colexio de Avogados de Compostela, en 1883, e sería avogado fiscal substituto (1884) até que pasa a ocupar a Secretaría Xeral da Universidade (1884-1885). Mentres tanto prepara o doutorado, que acada en Madrid en 1885. Comeza a dar clases en Santiago até que consigue a cátedra de Dereito Natural (1887) en Oviedo e pouco despois a de Economía Política e Facenda Pública (1888) en Santiago, onde permanecerá até a súa morte realizando as súas actividades académicas, literarias, periodísticas, políticas e cívicas na defensa de Galicia. Resalta o seu libro El Regionalismo (1889).

En 1885 casa con Ramona Casulleras Galiana, irmá do médico e escritor Isidoro Casulleras, autor da composición poética “Juan Tuorum. Leyenda sobre una tradición gallega del siglo XIV” (Santiago, 1880). Vivían na rúa da Azabacharía número 5, onde, a pesar dos coidados do seu médico e amigo Juan Barcia Caballero (prologou El Regionalismo) morreu o 21 de febreiro de 1900, con apenas 41 anos.

Alfredo Brañas, de fondísima formación e ideoloxía católica, foi soterrado no cemiterio de Nosa Señora do Rosario e pasaría logo, en 1905, a un mausoleo custeado por subscrición popular en San Domingos de Bonaval, no actual Panteón de Galegos Ilustres, onde tamén está Rosalía de Castro (nos actos de traslado dende o cemiterio de Adina o 25 de maio de 1891 participou activamente Brañas), o xeógrafo e matemático Domingo Fontán, o poeta Ramón Cabanillas, o escultor Francisco Asorey, así como Castelao.

(Do libro de Xan M. Fraga Rodríguez Alfredo Brañas, carballés ilustre, 2005).

Obra

Ensaio

El Regionalismo. Jaime Molinas, editor. Barcelona, 1889.

La crisis económica en la época presente y la descentralización regional, 1892.

Poesía

Oda a Calderón de la Barca, 1880.

Lamento. Revista de Galicia, 1880.

Borradores de Versos, 1881.

La Eternidad, 1881.

O Avellón, 1884.

Valero entre los estudiantes, 1885.

Poema homenaxe a Montero Ríos, 1887.

A víspera de San Xoán. Poema para o Certame Literario Musical galego de Pontevedra (1886). Publicado en Galicia Humorístia, nº 5, 1888.

Oda homenaxe ó Padre Feijóo, 1887.

Lembranza. Dedicado a Rosalía de Castro. Gaceta de Galicia, 1889.

Teatro

La voz de la sangre y la voz de la patria. Estreada na Coruña en 1896.

Consulta as demais paradas
Escultura Peixe
Casa natal Glz. Tiradas
Café Valle-Inclán
Mesón A Cabaña
Antiga estación trolebuses
Antigos Baños Vellos
Chocolates Mariño
Mercado municipal
Antigo Café Cervantes
11
Antigo colexio Leus
12
Antigo quiosco Pilapena
13
Antigo cárcere
14
Antiga dozaría Vella
15
Ferraxaría Pedrouzo
16
Casa natal A. Brañas
17
Calzados Mariño
18
Antiga escola do Xardín
19
Antiga Casa San Ramón
20
Casino
21
Casa natal S.L. Romero
22
Mesón
do pulpo
23
Fórum Carballo
24
Parque do San Martiño